A artista Sandra Varela Rodríguez foi distinguida co premio do XIV “Certame de Artes Plásticas”, que organiza a Deputación de Ourense para artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, pola súa obra “Sutura”. A entrega do galardón, dotado con 3.000 euros, tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para  David Catá (David Rodríguez Casas)) pola súa obra “Sonidos ahogados” e o terceiro premio, dotado con 1.000 euros, recaeu en Julia Huete Iglesias pola obra “Blanco”; “El pájaro”. En canto aos dous accésits de 500 euros cada un deles, foron para Aram Iglesias Ríos coa súa obra “Teatro Internacional de los derechos humanos” e para Rebeca Lar (Rebeca López Villar) polo traballo “S/T(definición de bruja)”.

Este certame, un dos máis consolidados e prestixiosos de Galicia, está organizado pola Deputación de Ourense co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos eidos das artes plásticas está destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novo.

En total presentáronse nesta edición ao certame máis de cen traballos procedentes de tódalas provincias galegas e de diferentes puntos da xeografía española como Alacante, Asturias, Barcelona, Cáceres, Cidade Real, Xirona, Xaén, León, Madrid, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Zamora e As Palmas de Gran Canaria.