A creación da marca de Ourensanía responde á necesidade de promover a imaxe do territorio ourensán a través dos seus valores. A ourensanía, entendida como unha forma de vivir e facer, constitúe un activo identitario en sí mema no eido socioeconómico e cultural. A marca, polo tanto, pon en valor as propiedades da Ourensanía a través dun distintivo gráfico atractivo e potente. O obxectivo é dotar ás empresas, institucións e cidadáns dunha ferramenta capaz de darlles visibilidade en calquera eido.

A imaxe dun territorio reficte a prestixio da súa poboación, das súas empresas, dos seus valores, da súa tradición, da súa cultura e dos seus recursos naturais.

A percepción dun territorio contén connotacións diferenciadoras. Todos os territorios son diferentes aínda compartindo elementos comúns. A diferenciación é un requisito permanente na construción dunha identidade de marca. Un dos principais elementos de desenvolvemento competitivo dun territorio é a construción da súa imaxe tanto para o mercado interno como externo. A cultura, o cidadán e a visión para adiantarse ás necesidades da poboación son os piares dunha marca-territorio, neste caso de Ourense e a Ourensanía, Unha marca que sexa quen de capitalizar a autenticidade do territorio e artelle os seus valores cun sentemento de pertenza.

Créase, polo tanto, un símbolo a partir do identificativo ourensán (OU) que evoluciona como unha unión/fusión dos elementos que representan á Ourensanía e os seus valores. Unha “O” que suxire un círculo harmonioso no que todos caben, participan, colaboran e cooperan. Nela, a U representa unha aldaba, un chamador, o elemento nas portas á man de todos, a ferramenta que expresa a vontade de entrar, e que ao mesmo tempo adquire a forma da mellor carta de presentación: a dun sorriso (“smaily”) que evidencia simpatía, amabilidade, benvida, apertura, ledicia…

Coa fusión dos dous elementos, sorriso + aldaba, acadamos un símbolo de positividade a partir do respecto á tradición. Esa porta ábrese a unha forma de ser, de sentir e de vivir que é a Ourensanía. O logotipo tipográfico, pola súa banda, dá nome á marca aglutinando todos os valores que se queren transmitir nun só término. Para a súa construción utilízanse os elementos que compoñen o símbolo das letras iniciais (OU), e, para o resto do término (RENSANÍA) utilízase a tipografía Vila Morena.

A elección da gama cromática de Ourense mestura unha serie de valores a través das cores: verde –encanto, determinación, crecemento–; laranxa terra –innovación, positividade, valentía, sensibilidade–; azul ­–fortaleza, sinceridade, calma–; branco pedra –tranquilidade, paz, pureza, nobreza; e púrpura ­–afectividade, intuición, gratitude e espiritualidade­–.

A finalidade é obter unha icona que transmita modernidade e innovación a partir da orixe. Unha icona sinxela e clara na procura dunha mensaxe de transparencia. Unha icona “smiley” que impulse novas dimensións. Unha icona que agrome as mellores imaxes dat erra e reflicta unha identidade competitiva como estratexia de posicionamento xeolocal.

 

OURENSANIA