A rede de auditorios da provincia de Ourense acolle o programa “Concertos da Ourensanía”, que ofrece preto de quince concertos por diferentes puntos da xeografía ourensá, protagonizados pola Coral de Ruada, que en 2018 cumprirá cen anos.

Tanto o repertorio como os músicos e os letristas son maioritariamente ourensáns, o que encaixa cun dos motivos da existencia da Coral de Ruada: dar a coñecer o folclore ourensán. Na actualidade a coral conta con 45 membros e está considerada como un símbolo da tradición musical da provincia de Ourense, cunha traxectoria marcada polo éxito, o prestixio e a identificación coa ourensanía.