O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolle a exposición “Carlos Velo, A volta a Cartelle”, que exhibe 42 fotos de gran formato que o cineasta ourensán realizou na súa visita á súa aldea natal en 1967, retratando a veciños, paisaxes e elementos arquitectónicos.

Esta exposición amosa a volta de Carlos Velo a Cartelle, hai 50 anos, con fotos inéditas feitas polo propio Carlos Velo da súa aldea, Os Pereiros, na que se poden contemplar veciños, paisaxes e en definitiva a historia do seu pobo hai cinco décadas. Carlos Velo é un dos grandes de Ourense e de Galicia, que transformou o cinema mexicano. Esta exposición é unha captura sentimental da súa aldea, da súa nenez e mocidade, para levar de volta a México a memoria da súa terra. Son 42 fotografías seleccionadas dun total de medio cento de imaxes, o que da boa mostra da calidade deste traballo audiovisual, que se conforma como unha das mellores mostras da fotografía galega do século XX

A exposición poderá contemplarse ata o vindeiro 26 de novembro no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, unha oportunidade para ver esta obra fotográfica dun dos grandes documentalistas de México, que nunca se esqueceu da súa terra. Velo foi un grande escritor e intelectual, promotor la revista Vieiros, publicación galega, cultural e literaria, creada en México en 1959, para servir de ponte entre exiliados e galegos en España.