Un equipo de vinte persoas con dous helicópteros e un dron tratan estes días de buscarlle á Ribeira Sacra un ángulo novo. Esta comarca natural de paisaxes espectaculares entre o Miño e o Sil será a protagonista dun dos sete episodios da segunda tempada de “Volando voy”, o programa do aventureiro Jesús Calleja que Cuatro emitirá este verán. O consorcio de turismo ofreceulle fai meses á productora do programa gravar na Ribeira Sacra. Tras varias comprobacións previas, decidiron facelo. O seu obxectivo é contar a Ribeira Sacra a quen, como o propio Calleja, nin sequera oíron falar dela.

“Como pode ser que non coñecese un lugar tan incrible, extraordinario e máxico? Porque eu son viaxeiro. Non sé como é posible que non coñecese un lugar cunha historia tan interesante como a da viticultura, o cultivo de laderas de ata 70 grados en un canón que ten cincocentos metros de profundidade. Como pode ser que non coñezamos esa historia? Pero eu espero que con este programa haxa un antes e un despois no coñecemento público desta zona”, dixo o aventureiro e presentador televisivo.

Máis información en La Voz de Galicia