A aprender para ensinar dedican boa parte do seu tempo os profesores dos centros educativos da provincia. A formación continua, articulada a través de distintos formatos, espazos e tempos, é unha materia que figura no día a día de gran parte dos docentes. Cando do que falamos é de idiomas estranxeiros, tócalles facer a maleta.

Dezaseis profesores de distintos centros da provincia acolléronse este curso ao programa de estancias no exterior para realizar itinerarios formativos que lles permitan mellorar as súas competencias. A Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal, Estados Unidos e Alemaña marcharán os 140 docentes galegos seleccionados pola Consellería de Educación dentro do programa Piale, de aprendizaxe de linguas estranxeiras.

O obxectivo da administración educativa é mellorar a capacidade docente e os coñecementos do profesorado que imparte clase nos 220 centros plurilingües do sistema galego e nos seus máis de 3.200 seccións bilingües.

Máis información en La Voz de Galicia