Ourensanía http://ourensania.gal A Ourensanía é unha forma de vivir e de facer do pobo ourensán Wed, 22 Nov 2017 11:17:36 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.5.11 Traballos sobre vivenda, hostelería, xestión e marca “Q” acaparan os V Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense http://ourensania.gal/traballos-sobre-vivenda-hosteleria-xestion-e-marca-q-acaparan-os-v-premios-de-investigacion-do-colexio-de-economistas-de-ourense/ http://ourensania.gal/traballos-sobre-vivenda-hosteleria-xestion-e-marca-q-acaparan-os-v-premios-de-investigacion-do-colexio-de-economistas-de-ourense/#respond Wed, 22 Nov 2017 10:56:48 +0000 http://ourensania.gal/?p=2081 Traballos referidos á vivenda, aloxamento hoteleiro, control de xestión, marca “Q” de calidade turística e competencia acapararon os V Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense, que foron entregados onte na na Aula Magna “José Ángel Valente” da FCETOU.

O primeiro premio no Grao en ADE foi para Iván Míguez Álvarez polo traballo “Factores determinantes do prezo da vivenda da cidade de Ourense”, e os accésit neste grao foi para Estefanía Hermida Hermida por “Jefes de servicio y sistemas de control de gestión”, e para María Teresa Cid Morales por “La colusión y los acuerdos horizontales”. No que atinxe ao Grao en Turismo o primeiro premio foi para Andrea García González por “Estudio sobre la aplicación del Capital Intelectual en las empresas de alojamiento hotelero de alta categoría en Galicia”, e o accésit para Sofía Díaz Caride por “La imagen de la marca “Q” de calidad turística”.

No acto participaron a decana da facultade, Elena Rivo; o decano do Colexio de Economistas, Guillermo Díez, e o conselleiro delegado de UNVI, Eloy Pérez, quen ofreceu un relatorio sobre a traxectoria e a experiencia de éxito da súa empresa familiar. Tamén estivo presente o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen defendeu a Ourense como “un territorio de innovación e ideas de éxito, que nos caracteriza como terra emprendedora”, destacando a capacidade creativa da nosa provincia e a cooperación nos diferentes ámbitos, público, privado e académico, que teñen no Campus de Ourense a súa forza motora”.

 Na clausura do acto, o presidente do goberno provincial expresou aos alumnos da facultade “a relevancia das empresas punteiras que temos na provincia de Ourense, por iso, falar de economía é importante, pero máis aínda o é falar das persoas, dos emprendedores que fixeron e fan posible que proxectos de éxito empresarial ideados, desenvolvidos e impulsados desde Ourense sexan unha realidade en moitas partes do mundo”. Manuel Baltar citou exemplos de cooperación como o que mantén a Deputación coa CEO no marco do Plan Exportou para colaborar na internacionalización de empresas ourensás, e tamén remarcou a importancia de contar co Observatorio Económico Ourensán e co Inorde, “instrumentos de apoio e guía para ao emprendemento e o desenvolvemento empresarial na nosa provincia”.

]]>
http://ourensania.gal/traballos-sobre-vivenda-hosteleria-xestion-e-marca-q-acaparan-os-v-premios-de-investigacion-do-colexio-de-economistas-de-ourense/feed/ 0
Entrega de los V premios de investigación http://ourensania.gal/entrega-de-los-v-premios-de-investigacion/ http://ourensania.gal/entrega-de-los-v-premios-de-investigacion/#respond Tue, 21 Nov 2017 10:57:57 +0000 http://ourensania.gal/?p=2084 http://ourensania.gal/entrega-de-los-v-premios-de-investigacion/feed/ 0 Miguel Ángel, Premio Ourensanía 2017 http://ourensania.gal/miguel-angel-premio-ourensania-2017/ http://ourensania.gal/miguel-angel-premio-ourensania-2017/#respond Tue, 14 Nov 2017 21:39:05 +0000 http://ourensania.gal/?p=2072 O exfutbolista ourensán Miguel Ángel González Suárez recibiu hoxe, día de san Martiño, o VII Premio “Ourensanía”, un galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. No acto oficial de entrega do galardón, celebrado esta mañá no Teatro Principal de Ourense, que contou, ademais do galardoado, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o titular do goberno provincial destacou que Miguel Ángel “é un exemplo do mellor Ourense, exerce de ourensán, non esquece as súas orixes e as predica sempre con orgullo”, remarcando o seu carácter “de home agradecido coa súa terra e coa súa xente”.

Manuel Baltar subliñou “a nobreza, a grandeza e a sinxeleza de Miguel Angel, aspectos que o acompañaron durante a súa carreira no Real Madrid, deixando patente a súa clase persoal e deportiva nos mellores campos de fútbol do mundo”.

O presidente da Deputación lembrou o alcume de Miguel Ángel, “el Gato”, polas súas especiais calidades como gardameta, “ese Gato que tamén é o símbolo da banda de rock nacional de máis éxito: Los Suaves, a quen entregamos hai poucas semanas a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense”, e dixo que Miguel Ángel foi tamén “precursor da galeguización, formando parte dunha campaña en favor da nosa lingua, na que colaboraron nos anos oitenta outros galegos como Fernando Rey, Camilo José Cela, José María Calviño, Adolfo Domínguez, Rosalía Dans e Álvaro Pino. Un compromiso de Miguel Ángel coa nosa terra e a nosa lingua; el quere a Ourense e Ourense o quere a el”.

No seu discurso, Manuel Baltar anunciou que as Copas Deputación de fútbol pasarán a denominarse a partir da próxima temporada “Copa Deputación Miguel Angel”, “para que a súa pegada sexa aínda máis forte nas vindeiras xeracións de ourensáns”, e asemade, engadiu que manterá conversas coa Peña Madridista “Miguel Angel” “para que os recordos da súa carreira, eses tesouros futbolísticos, sexan musealizados para o goce dos ourensáns e de quen nos visite. Para un Miguel Angel eterno”, expresou Baltar.

Pola súa banda, Miguel Ángel, quen recibiu de mans do presidente da Deputación o premio, consistente nunha figura de bronce do escultor Xosé Cid, expresou o seu agradecemento á Deputación de Ourense a ao seu presidente, afirmando que se sinte “emocionado e agradecido, porque ser de Ourense sempre é gañar, e anque subir a un escenario a falar, para min, é máis difícil que parar un penalti, neste instante doulle as grazas ao deporte a todos por vivir este gran momento”. No seu discurso, Miguel Ángel tivo palabras de lembranza e agradecemento para Luis Soria, o seu primeiro adestrador e que fixo posible que chegase ao Real Madrid, e tamén para os seus excompañeiros Emilio Butragueño e o porteiro Agustín Rodríguez, ámbolos dous presentes no acto.

Miguel Ángel relatou que nas 18 tempadas que xogou no Real Madrid “sempre me gustaba cando se referían a min como “el ourensano Miguel Ángel”, e afirmou sentir orgullo “de ter as mesmas raíces ourensás que moitos artistas e intelectuais da miña terra”.

O presidente da Xunta de Galicia, quen clausurou o acto, dixo sentirse “orgulloso e identificado con esta homenaxe”, expresou que Miguel Ángel “está no Olimpo deportivo e sempre conservou a súa ourensanía, ese carácter aberto, a conquista pacífica e afectiva coa que dialogamos con todo o mundo”, afirmou Alberto Núñez Feijoo.

O acto, presentado polo xornalista Juan Maceiras, contou coa presenza de destacados persoeiros do ámbito do deporte, como os exfutbolistas Emilio Butragueño, director de Relacións Institucionais do Real Madrid; Agustín Rodríguez, Francisco “Lobo” Carrasco e Juan Señor, e o presidente e directivos da peña “Miguel Ángel” e doutras peñas madridistas. Tamén se deron cita representantes institucionais, deputados provinciais, autonómicos e nacionais e representantes de entidades culturais e sociais.

Precisamente, Emilio Butragueño tivo emotivas palabras para Miguel Ángel destacando o apoio que recibiu por parte del cando debutou en 1984, “cando sendo eu moi rapaz entrei a formar parte daquel vestiario onde estaban as grandes figuras que eu coleccionaba nos cromos”, e dixo que Miguel Ángel representa os valores que fixeron do Real Madrid un gran club de éxito: o respecto, o traballo en equipo, e o afán de superación, unidos á responsabilidade e á sensatez, signos do carácter de Miguel Ángel”.

Na gala proxectáronse imaxes sobre a traxectoria profesional de Miguel Ángel, ademais de mensaxes de felicitación chegadas desde deferentes partes do mundo por parte de destacadas personalidades como Uli Stielike, Marco Rocha, Paco Buyo, Luis Soria, Roberto Carlos, Guti, Raúl, Fernando Hierro, Santillana ou Vicente del Bosque.

Acta do xurado

O xurado do premio Ourensanía, presidido por Manuel Baltar, ditaminou conceder o galardón a Miguel Ángel, o lenxendario porteiro do Real Madrid entre 1968 e 1986, “por ser un dos deportistas ourensáns que máis altas cotas de recoñecemento acadou como compoñente dalgunhas das formacións madridistas que forman parte da historia do fútbol español, chegando a participar como porteiro titular da Selección Española no campionato mundial de fútbol de Arxentina de 1978”, recolle a acta do xurado.

“Natural do barrio do Couto, onde tiveron lugar os seus primeiros pasos no mundo do fútbol de base, Miguel Ángel ten sido, se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento ten acadado no ámbito internacional, recoñecementos que, sen embargo, nunca lle fixeron esquecer as súas raíces ourensáns, que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense”, destaca o xurado, subliñando a humildade e bonhomía que reflicte de forma cotiá Miguel Ángel no seu contacto co fútbol base ourensán, “razón pola que no seu momento xa lle foi imposto o seu nome ao campo de fútbol do pavillón dos Remedios”.

 

 

]]>
http://ourensania.gal/miguel-angel-premio-ourensania-2017/feed/ 0
O xurado do premio Ourensanía declara o 2018 como o ano de “Ben-Cho-Shey” http://ourensania.gal/o-xurado-do-premio-ourensania-declara-o-2018-como-o-ano-de-ben-cho-shey/ http://ourensania.gal/o-xurado-do-premio-ourensania-declara-o-2018-como-o-ano-de-ben-cho-shey/#respond Tue, 14 Nov 2017 08:51:46 +0000 http://ourensania.gal/?p=2075 A acta deste ano do xurado do premio Ourensanía recolle que, continuando coa liña iniciada o ano pasado, “de saír ao rescate de determinadas figuras senlleiras da ourensanía que xa non están connosco e que, sen embargo, son merecentes de seren devoltas á actualidade por mor do legado social ou cultural que nos deixaron, o xurado tomou a decisión de declarar o ano 2018, ano de Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben-Cho-Shey” (1896-1988), coincidindo co 30 cabodano do seu falecemento”.

“Mestre e etnógrafo de referencia para moitos profesionais do ámbito da pedagoxía e da antropoloxía, o seu obrigado desterro en Madrid converteuno nun verdadeiro embaixador da cultura galega na capital, onde serviu ademais de faro intelectual para moitos mozos que espertaron ao galeguismo ao seu carón naquela cidade”, sinala o xurado.

Precisamente o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar,  destacou no seu discurso na entrega do premio Ourensanía 2017 “a aqueles ourensáns xa falecidos que tamén homenaxeamos desde o xurado da Ourensanía: este 2017, dedicado a Rodolfo Prada Chamochín, persoa capital na Galicia da emigración, axitador cultural e político, valedor de Castelao; e 2018, que será o ano de Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben-Cho-Sey”, escritor, mestre, investigador, humorista e literato, coñecido pola maior recolleita feita sobre o barallete, a fala dos afiadores”.

“Ourense é Cultura -salientou Manuel Baltar-, como a que poñen de manifesto fundacións como a “Carlos Velo” ou a “Blanco Amor”, apoiadas e promovidas desde o goberno provincial. Cultura como os cen anos que cumprirá en 2020 a Revista Nós, auténtico referente identitario non só de Ourense senón de Galicia, e aí estará a Deputación de Ourense para celebralo como se merece”. E rematou destacando “un Ourense protagonista no que creemos, a capital do Reino Suevo de Galicia, o primeiro Estado de Europa, tema sobre o cal inauguraremos o vindeiro 14 de decembro a exposición máis potente que se lembre sobre esa etapa histórica”, dixo Manuel Baltar.

 

]]>
http://ourensania.gal/o-xurado-do-premio-ourensania-declara-o-2018-como-o-ano-de-ben-cho-shey/feed/ 0
Unha publicación recompila os 30 anos da historia da Escola e da Real Banda de Gaitas de Ourense http://ourensania.gal/unha-publicacion-recompila-os-30-anos-da-historia-da-escola-e-da-real-banda-de-gaitas-de-ourense/ http://ourensania.gal/unha-publicacion-recompila-os-30-anos-da-historia-da-escola-e-da-real-banda-de-gaitas-de-ourense/#respond Tue, 14 Nov 2017 06:34:15 +0000 http://ourensania.gal/?p=2070 O libro Escola e Real Banda de Gaitas 1985-2016 recompila os 30 anos de historia deste centro formativo e agrupación musical da Deputación de Ourense, recollendo nesta publicacións os concertos e actuacións da banda, os recoñecementos, as xiras internacionais, as publicacións, a vestimenta e os instrumentos, un álbum fotográfico e unha memoria dos compoñentes da Real Banda desde 1986 ata 2017, entre outros aspectos.

A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e o xornalista José Luís Blanco Campaña.

Rosendo Fernández dixo que esta obra é “un tratado único da historia da Real Banda de Gaitas que constitúe a máxima expresión artística dos miles de alumnos que estudaron e estudan na Escola Provincial de Gaitas da Deputación, un meticuloso estudo das melodías e do instrumento, que os alumnos deben ir superando día a día”.

Pola súa parte, Xosé Lois Foxo, quen agradeceu á Deputación “a súa sensibilidade cos valores de Galicia”, explicou que a pesar de ser complicado resumir nun libro o traballo da Escola, “o labor máis importante foi educar aos nenos con base no pentagrama. Pasamos de ser unha provincia na que era necesario contratar gaiteiros de fóra, a ser unha provincia referente no mundo da gaita”. A escola, no seu obxectivo de cultivar a historia da gaita, levou a cabo iniciativas máis aló do eido académico como a creación do Museo Internacional de Cornamusas, a posta en marcha da Xuntanza Internacional de Gaiteiros, a celebración da Liga Galega de Bandas de Gaitas e Certame Celtibérico, entre outras iniciativas que conforman un labor científico, explicou Foxo.

“A Real Banda de Gaitas levou a nosa música por todo o mundo e sementou o orgullo de ser galegos, e conseguimos algo importante que é dignificar o concepto da gaita. Hoxe, a Real Banda de Gaitas é un referente a nivel universal”, dixo Foxo, quen sinalou que este libro tamén pretende “ser un recoñecemento a esas familias que levan aos nenos para que aprendan este instrumento, porque iso é poñer en valor a nosa historia”.

Durante estas tres décadas, a Real Banda de Gaitas fixo máis de 5.000 actuacións e foi recoñecida con numerosos premios en diferentes países, levando á provincia de Ourense polo mundo.

José Luís Blanco fixo un repaso pola historia da Real Banda e da Escola Provincial de Gaitas, salientando que a Real Banda de Gaitas “abrangue moito máis que un conxunto musical, supón un estudo de investigación, métodos novos de ensino e perfeccionamento, construción e recuperación de instrumentos, achegamento ao mundo da cornamusas, presenza ao máis alto nivel no mundo da gaita e, en suma, unha realidade que tiña como meta buscar novos vieiros para os novos gaiteiros galegos, os mellor preparados da historia”.

A música durante o acto correu a cargo dunha representación da Real Banda de Gaitas, que interpretou “Cantigas de Ourense”.

]]>
http://ourensania.gal/unha-publicacion-recompila-os-30-anos-da-historia-da-escola-e-da-real-banda-de-gaitas-de-ourense/feed/ 0
Apoio a empresas que dan os seus primeiros pasos na internacionalización http://ourensania.gal/apoio-a-empresas-que-dan-os-seus-primeiros-pasos-na-internacionalizacion/ http://ourensania.gal/apoio-a-empresas-que-dan-os-seus-primeiros-pasos-na-internacionalizacion/#respond Mon, 13 Nov 2017 21:40:36 +0000 http://ourensania.gal/?p=2064 As empresas ourensanas que queiran dar os seus primeiros pasos na internacionalización contarán dende hoxe cunha nova axuda para acadar os seus obxectivos exportadores. Trátase do Servizo Integral de Reforzo Exportador, un sistema dirixido a empresas da provincia de Ourense que aínda non exportan e queren dar os seus primeiros pasos na súa etapa exportadora. O obxectivo é que os empresarios poidan visualizar toda a realidade do proceso de exportación: vantaxes, dificultades, asesoramento e guía para o desenvolvemento de procesos.

Preténdese desta maneira “incrementar a competitividade das empresas da provincia de Ourense e aumentar o número das que exportan”, afirma o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen destacou na presentación “a alianza de cooperación que manteñen Deputación e CEO, neste caso, co desenvolvemento do Plan ExportOU, coa finalidade de impulsan a internacionalización das empresas de Ourense”.

Esta iniciativa é froito do convenio de colaboración entre a institución provincial e a CEO, para o cal o goberno provincial destina unha axuda de 100.000 euros. “Difundir internacionalmente a “marca Ourense” é unha fortaleza e unha oportunidade para as empresas e para toda a provincia, xa que apoiando a internacionalización, como vimos facendo con iniciativas como a misión comercial USA-Ourense ou establecendo posibilidades de contacto con Israel, promovemos novas oportunidades de negocio e axudamos a empresas e emprendedores a abrir novos mercados”, explica Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial agradeceu á CEO o labor que realiza a prol da competitividade e avanzou que para 2018 a Deputación de Ourense seguirá achegando unha dotación económica para colaborar coa Confederación Empresarial de Ourense.

José Manuel Pérez Canal, presidente da Confederación Empresarial de Ourense, dixo en relación ao programa que hoxe se presentou que exportar “fai que as empresas sexan máis eficientes e competitivas” e que internacionalizar “é unha importante vía para expandir proxectos empresariais”.

Na presentación, técnicos do programa SIRE Elvira Losada e Fernando Iglesias remarcaron que o programa ten en conta que boa parte das empresas ourensás son de reducido tamaño e non dispoñen de tempo suficiente para realizar todas as ocupacións que engloba a exportación, polo cal este sistema baséase no apoio de profesionais e dunha rede de servizos de información sobre comercio exterior que axudará ao empresario no seu camiño exportador. A segunda fase do programa, que se prevé poñer en marcha no primeiro trimestre de 2018, estará centrada nas empresas que xa exportan de maneira consolidada.

Esta iniciativa pretende afianzar a actividade exportadora do tecido empresarial ourensán, sendo o mellor perfil das empresas indicado para desenvolver accións exportadoras o de aquelas que teñan vontade de querer afrontar o proceso de internacionalización e produtos con certo grao de vantaxe competitiva.

]]>
http://ourensania.gal/apoio-a-empresas-que-dan-os-seus-primeiros-pasos-na-internacionalizacion/feed/ 0
Gala do premio ourensanía 2017 http://ourensania.gal/gala-do-premio-ourensania-2017/ http://ourensania.gal/gala-do-premio-ourensania-2017/#respond Sun, 12 Nov 2017 21:53:27 +0000 http://ourensania.gal/?p=2078 O xurado do premio Ourensanía 2017 ditaminou concederlle o galardón ao futbolista Miguel Ángel por ser “un dos deportistas que acadou máis altas cotas de recoñecemento na historia do fútbol español”. O galardoado dixo recibir este premio “emocionado e agradecido”, “porque ser de Ourense sempre é gañar, e anque subir a un escenario, para min, é máis difícil que parar un penalti, neste instante doulle as grazas ao deporte a todos por vivir este gran momento”.

]]>
http://ourensania.gal/gala-do-premio-ourensania-2017/feed/ 0
Estudan un proxecto turístico para pór en valor a riqueza medioambiental e turística da Raia Seca http://ourensania.gal/estudan-un-proxecto-turistico-para-por-en-valor-a-riqueza-medioambiental-e-turistica-da-raia-seca/ http://ourensania.gal/estudan-un-proxecto-turistico-para-por-en-valor-a-riqueza-medioambiental-e-turistica-da-raia-seca/#respond Fri, 10 Nov 2017 21:33:00 +0000 http://ourensania.gal/?p=2067 Os profesores do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela Rubén Lois e Valeriá Paúl, expertos en turismo, están a artellar un proxecto que pretende pór en valor a riqueza turística e medioambiental da Raia Seca, unha das maiores reservas naturais de Galicia e do Norte de Portugal, e levar a cabo, asemade, un labor de protección do seu medio natural e de prevención de incendios forestais nesta contorna.

Os profesores, acompañados pola deputada provincial de Turismo e alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, presentaron na diputación as liñas xerais desta iniciativa que se prevé presentar ao Programa europeo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo impulsar proxectos de cooperación territorial e intercambio de experiencias entre axentes locais, rexionais e nacionais, que no caso da Raia Seca persegue traballar fundamentalmente nos ámbitos da protección do medio ambiente e da proxección turística, “onde a fronteira sexa un territorio de unión para colaborar na procura de solucións aos problemas e retos medioambientais e turísticos que afectan a Ourense e ás contornas limítrofes de Portugal”, explicou o presidente provincial Manuel Baltar.

Nas vindeiras semanas definiranse os socios que participarán no proxecto, así como as actuacións e o cronograma de traballo desta iniciativa

]]>
http://ourensania.gal/estudan-un-proxecto-turistico-para-por-en-valor-a-riqueza-medioambiental-e-turistica-da-raia-seca/feed/ 0
Maridaxe de viño do Ribeiro e cultura na IV edición de “Cata a Arte” http://ourensania.gal/maridaxe-de-vino-do-ribeiro-e-cultura-na-iv-edicion-de-cata-a-arte/ http://ourensania.gal/maridaxe-de-vino-do-ribeiro-e-cultura-na-iv-edicion-de-cata-a-arte/#respond Thu, 02 Nov 2017 23:28:20 +0000 http://ourensania.gal/?p=2060 O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acollerá tódolos xoves do mes de novembro, ás 20.00 horas, a cuarta edición de “Cata a Arte”, unha iniciativa que mestura degustacións de cinco adegas de viños do Ribeiro con actividades de índole cultural: música, danza e teatro, que amenizarán a xornada gastronómica. A presentación desta nova edición tivo lugar hoxe no Centro Cultural, acto no que participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; o director do Centro Cultural, Francisco González; a xerente de Autismo Ourense, Ana Tejada; e os representantes das adegas participantes no ciclo e a bailarina de danza contemporánea, Nuria Sotelo.

A programación comeza este xoves, 2 de novembro, coa cata a cargo da adega Reboreda Morgadío, amenizada coa actuación musical de Tato Trio. Ao xoves seguinte, o 9 de novembro, será a quenda para a adega Cuñas Davia e para a actuación musical de Mounqup. O día 16 de novembro, actuarán Ton Risco & Jacobo de Miguel durante a cata que ofrecerá a bodega Nairoa. O xoves, 23 de novembro, será a adega Pazo Casanova a que sacará os seus viños acompañados pola actuación de danza contemporánea de Nuria Sotelo & Cris Vilariño. Por último, o día 30 de novembro, pechará esta cuarta edición a Bodega Alanís que ofrecerá os seus viños amenizados coa interpretación de teatro musical de Lili Berlin.

Asemade, esta iniciativa cultural volve a presentarse cun carácter solidario destinando tódolos donativos recadados nestas degustacións gratuítas, á Asociación de Autismo de Ourense, para promover a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) e das súas familias ao longo do seu ciclo vital.

]]>
http://ourensania.gal/maridaxe-de-vino-do-ribeiro-e-cultura-na-iv-edicion-de-cata-a-arte/feed/ 0
Aberta a exposición fotográfica “A volta a Cartelle”, de Carlos Velo http://ourensania.gal/aberta-a-exposicion-fotografica-a-volta-a-cartelle-de-carlos-velo/ http://ourensania.gal/aberta-a-exposicion-fotografica-a-volta-a-cartelle-de-carlos-velo/#respond Mon, 30 Oct 2017 12:41:22 +0000 http://ourensania.gal/?p=2056 O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolle a exposición “Carlos Velo, A volta a Cartelle”, que exhibe 42 fotos de gran formato que o cineasta ourensán realizou na súa visita á súa aldea natal en 1967, retratando a veciños, paisaxes e elementos arquitectónicos.

Esta exposición amosa a volta de Carlos Velo a Cartelle, hai 50 anos, con fotos inéditas feitas polo propio Carlos Velo da súa aldea, Os Pereiros, na que se poden contemplar veciños, paisaxes e en definitiva a historia do seu pobo hai cinco décadas. Carlos Velo é un dos grandes de Ourense e de Galicia, que transformou o cinema mexicano. Esta exposición é unha captura sentimental da súa aldea, da súa nenez e mocidade, para levar de volta a México a memoria da súa terra. Son 42 fotografías seleccionadas dun total de medio cento de imaxes, o que da boa mostra da calidade deste traballo audiovisual, que se conforma como unha das mellores mostras da fotografía galega do século XX

A exposición poderá contemplarse ata o vindeiro 26 de novembro no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, unha oportunidade para ver esta obra fotográfica dun dos grandes documentalistas de México, que nunca se esqueceu da súa terra. Velo foi un grande escritor e intelectual, promotor la revista Vieiros, publicación galega, cultural e literaria, creada en México en 1959, para servir de ponte entre exiliados e galegos en España.

]]>
http://ourensania.gal/aberta-a-exposicion-fotografica-a-volta-a-cartelle-de-carlos-velo/feed/ 0