O xurado do premio Ourensanía 2017 ditaminou concederlle o galardón ao futbolista Miguel Ángel por ser “un dos deportistas que acadou máis altas cotas de recoñecemento na historia do fútbol español”. O galardoado dixo recibir este premio “emocionado e agradecido”, “porque ser de Ourense sempre é gañar, e anque subir a un escenario, para min, é máis difícil que parar un penalti, neste instante doulle as grazas ao deporte a todos por vivir este gran momento”.