O municipio ourensán de Leiro é un dos 24 precandidatos que aspiran a ser a Capital do Turismo Rural 2017, unha iniciativa organizada con motivo do X aniversario de EscapadaRural.com.

Leiro e outros 23 concellos foron seleccionados dun total de 270 vilas de España. E dez serán os finalistas.

As características que teñen que cumprir son: ter menos de 10.000 habitantes, estar a menos dunha hora dunha vía principal e ter unha infraestrutura necesaria para recibir aos viaxeiros e celebrar unha gran festa popular se resulta gañador.

A votación poderá realizarse do 27 de abril ao 21 de maio, cando se coñecerá o gañador.

Ver artigo na TVG