O integrantes do grupo ourensán de rock “Los Suaves” recibirán o vindeiro martes, 10 de outubro, ás 11.30 horas, a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria musical, chea de éxitos, nos que nunca faltou a permanente manifestación da súa ourensanía”.

O xurado considera a Los Suaves “os mellores embaixadores de Ourense no ámbito musical nas máis de tres décadas polos escenarios nacionais e internacionais”. “Trátase dun recoñecemento á súa traxectoria, á súa personalidade musical e a súa permanente identificación con Ourense, presumindo de ourensáns aló por onde van”.