O musical “Keltia” volve a Ourense o vindeiro domingo, 17 de setembro, na Praza Maior da cidade, onde os máis de 35 artistas farán un repaso pola cultura atlántica en clave musical. Será un espectáculo que mestura música en directo, canto, teatro, danza e lume, cunha coidada posta en escena, e que xa obtivo un grande éxito a primeira vez que foi posible velo en Ourense, no marco da celebración da “Festa da Istoria” 2017”.

A actuación do vindeiro domingo pechará a xira por Galicia deste espectáculo, nesta ocasión cunha alusión moi importante á cidade de Ourense, pois as augas termais de Ourense devolvéronlle a vida aos galaicos mortos a man dos romanos, según recolle a función.

A fin última deste espectáculo é conxugar lecer e cultura a través dunha calidade escénica, poesía artística e música tradicional fusionada con outros recursos expresionistas presentes e vivos na chamada cultura atlántica.