A zona do Castelo Medieval da Peroxa será o escenario da terceira edición do Festival “A Noite dos Metelos”, un evento cultural que mesturará, o 19 de agosto, música e gastronomía.

A iniciativa servirá para dar a coñecer a riqueza natural e patrimonial da nosa provincia cun evento que dinamiza a actividade cultural do municipio e contribúe a poñer en valor o rural. A cooperación pública e privada foi moi importante para poder desenvolver  este Festival, que é unha excusa perfecta para coñecer a área natural protexida no entorno das ruínas do Castelo da Peroxa.

A programación prevista para o evento que dará comezo ás 13.00 horas coa charanga Europa e continuará a partir das 14.00 horas co “Xantar de mantel” no Castelo, onde cada grupo poderá levar a súa propia comida ou ben encargala á organización. A música volverá ás 17.00 horas coa charanga Nova Terra de Trives. Ás 20.00 horas será a quenda para o campionato de Lanzamento de Aixada. A gastronomía volve á programación ás 21.00 horas coa “Cea de bocadillo” e a xornada rematará co concerto do grupo Guezos a partir das 22.00 horas. Asemade, durante toda a tarde, estará amenizando a xornada DJ Alex Magic.