Born in te OU

Nado en USA, Born in the USA, é unha canción lexendaria, un dos himnos máis relevantes da música rock da man do seu creador e intérprete Bruce Springsteen. Este artista mundialmente coñecido degustou un godello da Denominación de Orixe Valdeorras, concretamente da Adega do Casal, antes de actuar no estadio Santiago Bernabéu de Madrid para máis de 50.000 personas. Meses antes, o 8 de outubro, o propio presidente dos Estados Unidos de América (USA), Barack Obama, brindou por terceira vez cun Peza do Rei (Adegas Cachín) da Ribeira Sacra ourensana con motivo da Gala da Hispanidade. Esta é unha mostra máis de que os viños nados en Ourense, unha provincia con outras dúas denominacións como Ribeiro e Monterrei, chegan aos paladares máis sobranceiros do mundo.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/10/07/vino-ourense-fiesta-obama/1326865.html

http://casalnovo.es/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/05/23/the-boss-elige-valdeorras/00031464009611519687264.htm

http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/bruce-springsteen-confia-vino-valdeorres/20160523213625623629.html