A Ourensanía é unha forma de vivir e de facer dun pobo, o ourensán, que presenta tres características principais: traballador, emigrante e creativo.

A Ourensanía identifica un territorio, de aí a necesidade de xerar unha imaxe propia que recoñeza os seus valores. O obxectivo da marca Ourensanía é promover un sentimento de orgullo e pertenza, darlle visibilidade aos seus principios e converterse nunha ferramenta ao servizo das diferentes institucións, entidades, empresas e cidadáns. O ourensán e o seu territorio figuran no centro mesmo desta acción.

Ourense é terra viva, terra de castros, terra de termas, terra de soutos, terra de ríos e terra de viño. Unha terra que respecta e actualiza a tradición, que aposta pola calidade de vida e concibe a formación, a cultura e o deporte como eixos dinamizadores da provincia. Ourense ten inumerables facianas, entre elas a terra das Denominacións de Orixe, da Xeneración Nós, do aproveitamento dos recursos naturais a prol dunha economía sostible, da cooperación no medio rural, do termalismo deportivo, da interacción coa cidadanía, e da innovación empresarial.

OURENSANIA