Os concellos da Baixa Limia queren poñer en valor a súa riqueza natural mediante unha iniciativa chamada “Xurés Experiences 2017” que consta dunha serie de eventos deportivos para difundir as potencialidades e a riqueza turística, natural, histórica, termal e deportiva desta contorna da provincia de Ourense.